lunes, 3 de enero de 2011

Novos proxectos - New projects

A pesar do parón informativo, un segue a traballar arreo, aínda que iso non sempre coincida con saídas ao público (os tempos editoriais son algo máis lentos). Aquí vai un anticipo dun libro que escribiu a miña querida amiga María Solar (escritora, presentadora da RTVG, actriz de dobraxe, e mil cousas máis) sobre os nenos que nacen (coa editorial Galaxia). Precioso acercamento á visión que unha nena ten do nacemento dun irmán. Non é a primeira vez que María e eu colaboramos, posto que xa traballaramos xuntos noutros dous proxectos con Baía Edicións ("Boa Sorte" e "O tempo do revés"), e desta volta volvín deixarme levar pola frescura das súas historias. Non tardará en saír á luz. Prometo avisar.In spite of the informative silence, I go on working and working. The point is that the publihers' tempo is not so fast sometimes. Here is an advance of a book written by a friend of mine: María Solar (TV presentar, writer, dubbing actress and many more things). It's about how the birth of a brother affects a little girl: wonderful story about the child's feelings and reactions. It will come out thanks to Galaxia Publishers. And this is not the first time María and I cooperate: before there were other projects ("Boa Sorte" and "O tempo do revés"). one more time I followed the freshness of her stories.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Tanto "O tempo do revés" como "Boa sorte" quedaron moi ben. O novo proxecto ten excelente pinta. Bo tandem, a seguir.

xosé tomás dijo...

Graciñas. Neste proxecto en concreto pretendemos que o feito de ter un neno fose visto dende a perspectiva doutro neno (bueno, unha nena, unha irmá), e de como se encaixa esa invasión. Incluso hai nas ilustracións unha linguaxe oculta das cores, de tal xeito que cobran un matiz psicolóxico: pretenden reflectir o estado de ánimo da nena, e do mundo que a circunda.
Apertas
XTomás