Acabamos de presentar "Verdedades", un libro editado por Biblos e escrito por Yolanda Castaño. Como todos, trátase dunha auténtica aventura. O tema son as plantas, os froitos, as verduras,...e as persoas que conviven con elas e as observan. Un verán na casa dos avós, unha nena que aprende sen tempos, sen límites, con libertade e paixón polo descubrimento. E a vida vexetal que os rodea a todos, que os envolve dentro e fóra da casa. É unha obra en poesía, con fondos silencios, que tratamos que convidase á contemplación pausada e emocional.
Presentámolo este mércores 5 de decembro en Betanzos, na cafetería LANZÓS, ás 8 da tarde.
PRESENTACIÓN DO LIBRO NO CULTURGAL |
We've just released "Verdedades", a book published by Biblos, and written by Yolanda Castaño. Like all of them, it was a real adventure. The topic is plants, fruits a,d vegetables in general...and the people who live with them and observe them. One summer with the grandparents, one girl who learns openly, freely, with no limits, with real passion for discovery. And the vegetal life surrounding them all, protecting them all. It's a book of poems, of long silences, inviting to contemplation and emotions.
The presentation: Wednesday, Dec 5th, 2012. In Betanzos, at Cafetería Lanzós (20:00)
3 comentarios:
Onde se pode mercar? grazas.
Pois en principio en calquera librería. Pero se tes problema en atopalo, dimo e miro de que cho fagan chegar dalgunha maneira.
Apertas
XTomás
Qué wapo! Qué bo traballo: arte escrita e arte ilustrada!!
Publicar un comentario