jueves, 6 de diciembre de 2012

Promocionando Verdedades - Publiciting Verdedades


Hoxe xoves levamos Verdeades a Radio Voz, co amigo Pablo Portabales. Botamos uns risos, falamos do proceso de creación da obra, e sacámonos unhas fotiños.

Today, Thursday, we took Verdedades to Radio Voz, with our common friend Pablo Portabales. We had some laughing, talked about the production process, and we took some pictures.

Presentación de Verdedades en Betanzos - Presentation of Verdedades in Betanzos

Na Cafetería Lanzós, de Betanzos, chea ata os topes, nun ambiente familiar, acolledor e entrañable, presentamos Verdedades, Yolanda Castaño, Tucho Calvo e mais eu. En todas as mesas había feixiños das plantas que aparecen no libro, e cada un levaba atadiño o poema correspondente. Ademais, tras a presentación, o público saiu a ler poemas en alto, colléndoos dun cesto onde estaban coas súas plantas. E mentres lían, eu facía debuxos alusivos en vivo. Finalmente, sinatura de exemplares. Foi todo un pracer estar rodeados de amigos, de familia, e de tantas persoas que por alí se acercaron.

At Cafetería Lanzós, totally full of people, in a fmailiar atmosphere, we presented Verdedades (Yolanda Castaño, the poet, Tucho Calvo the editor and myself). On each table there was a bunch of plants togehter with their individual poem. After the presentation itself, the people kept coming to read poems aloud, and at the same time I was drawing live. it was a real pleasure.


E un detalle máis. Para ese día concreto e esa presentación, Yolanda escribiu un novo poema adicado ao magnolio de fóra da cafetería. Eu fixen unha ilustración nova tamén, e todo elo converteuse nunha tarxeta, que repartimos entre os asistentes, como recordo do momento.

And one more detail. For that very day, Yolanda wrote a new poem for the magnolia outside the cafeteria. I myself made a new illustration for it, and it became a card that everyone took with them, as a souvenir of the moment.

lunes, 3 de diciembre de 2012

NOVO LIBRO: "VERDEDADES" - New book: "Verdedades"

Acabamos de presentar "Verdedades", un libro editado por Biblos e escrito por Yolanda Castaño. Como todos, trátase dunha auténtica aventura. O tema son as plantas, os froitos, as verduras,...e as persoas que conviven con elas e as observan. Un verán na casa dos avós, unha nena que aprende sen tempos, sen límites, con libertade e paixón polo descubrimento. E a vida vexetal que os rodea a todos, que os envolve dentro e fóra da casa. É unha obra en poesía, con fondos silencios, que tratamos que convidase á contemplación pausada e emocional.

Presentámolo este mércores 5 de decembro en Betanzos, na cafetería LANZÓS, ás 8 da tarde.
PRESENTACIÓN DO LIBRO NO CULTURGAL

We've just released "Verdedades", a book published by Biblos, and written by Yolanda Castaño. Like all of them, it was a real adventure. The topic is plants, fruits a,d vegetables in general...and the people who live with them and observe them. One summer with the grandparents, one girl who learns openly, freely, with no limits, with real passion for discovery. And the vegetal life surrounding them all, protecting them all. It's a book of poems, of long silences, inviting to contemplation and emotions.
The presentation: Wednesday, Dec 5th, 2012. In Betanzos, at Cafetería Lanzós (20:00)