viernes, 6 de abril de 2012

Un novo proxecto...con ratos!! - A new project...with mice!!!

Vai xa para un ano que a empresa Xaraleira (o amigo Jose Vilaboy) me chamou para un proxecto que, de primeiras, soaba tan raro como brillante: ensinar xenética aos escolares con ratos...de verdade!. O proxecto cobrou forma cun cómic no que Mendel é o protagonista dunha historia de semi-ficción, acompañando a un kit cun par de parellas de ratos, que procrearán nos institutos. Grazas á experiencia, o alumnado e os profes de Ciencias poderán estudar e demostrar as leis de Mendel. Fantástica idea. Uniuse para pechar o equipo de traballo o tamén xenial Carlos de Paz, Doutor en bioloxía, profesor no IES A Sardiñeira, un tipo hipercreatio, e gran amigo meu (é o creador da webBIOXEO. A FUNDACIÓN BARRIÉ interesouse polo proxecto, e agora forma parte do seu catálogo de accións formativas. Finalmente, o proxecto deuse en chamar A HISTORIA NUNCA CONTADA DE MÉNDEL.
E hai pouco fixeron para a RTVG unha reportaxe sobre todo elo. Pódese ver aquí:
About a year ago the firm Xaraleira got in toch with me fro a project: teaching students genetics...with real mice! With the help of PhD. Carlos de Paz as a scriptwriter and biologist, we created a comic book with semi-fictional story of Mendel. Together with it, a kit with two couples of mice go to highschools, so that students and teachers may practise Mendel's laws. It was a fantastic idea since the very beginning! Here is a report on RTVG television:


3 comentarios:

Dani Padron dijo...

Mis aplausos, ya tenía ganas de ver novedades interesantes por aquí!

Unknown dijo...

que guai...
da gusto a bande deseñada do noso país galego!!

SOMOS PUNTEIROS e unha POTENCIA!!

Non coñecía a Xosé Tomás, pero xa me estou facendo un FAN!!

Parabéns e moito ánimo co chollo!!

xosé tomás dijo...

Graciñas. Eu non podo evitar verme metido ás veces en proxectos que aúnan o creativo co didáctico. Son dúas venas que comparto dende hai tempo. Apertas.
XTomás