domingo, 16 de octubre de 2011

NOVA NOVELA GRÁFICA : "NÓMADES" - New graphic novel, NÓMADES

Acaba de saír, por fin, unha obra en banda deseñada que publica Galaxia. Teño que dicir que, como todo o que se fai neste formato, deixa a un totalmente exhausto e esgotado...pero contento. Unha especie de baleiro post-partum é o que queda, porque a criatura demanda moito de un.
Trátase dunha historia de persoas (todas mulleres) que emigran dun lugar para outro, que deixan un pasado e se enfrontan a un futuro incerto. Unha visión poliédrica do concepto da "estranxeiría", ese termo que a todos nos pode afectar en calquera momento. E unha visión dende a perspectiva das que, neste mundo aínda tan lento, sofren do desprezo e da incomprensión.
Haberá varias presentacións, e este mércores 19 de outubro terá lugar a primeira, na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago. Esta é unha invitación aberta.
Máis información, na miña web.
A new work, a graphic novel, has just come to life, published by Galaxia. I must admit that works like this always make me exhausted, but finally happy and full. It's a story of immigration, of emigration, from the perspective of many women who suffer rejection and even abuse, with the eternal presence of that terrible term, 'foreigner'.
It will be presented newt Wednesday (March 19), at Biblioteca Ánxel Casal in Santiago. Come and see!!
More information in my website.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Xosé, moita sorte có libro. É unha boa nova que unha editorial como Galaxia por fin caia da burra e aposte pola BD galega.

Pero persoalmente vino esta tarde nunha librería e pareceume que tes moita influencia de Miguelanxo Prado. As in fluencias non son malas, pero a verdade creo que tes talento dabondo como para que non teñas que apoiarte tanto no traballo de outros.Concretamente no capítulo do iate e a muller prostituta bebiches de Trazo de Tiza de carallo.

Xa che digo moita sorte, pero intenta se máis tí no próximo.
Un saúdo cordial Xulio.

admin dijo...

Sentín ben non estar onte aí, pero non me foi posible.
Moita sorte coa publicación.

Anónimo dijo...

Moita sorte Tomás, tela moi merecida.
Non paramos de alucinar coa túa capacidade de traballo.
Belén , Óscar e Mariña

jbonome dijo...

Noraboa pola novela. É unha obra moi interesante, chea de emocións e sentimentos. Gustamé moito o ritmo narrativo, a elección da cor, que as protagonistas sean mulleres, excelente, espero estar na presentación da novela en Arenas.
Por certo non estou nada dacordo coa opinón de Anónimo, non teño tan claro a similitude con Miguelanxo Prado.

ANA dijo...

Moita sorte coa publicación. Un saudo dende terras Naviegas.

xosé tomás dijo...

Ola, anónimo. Non nego que me apaixona Prado, é certo, pero non fixen a obra mirando o álbum que comentas. De feito, o que predomina nel é o impresionismo cromático, mentres que en Nómades hai unha intención (non sei se o conseguín)de minimalismo nese senso. Ben é certo que, despois do teu comentairo, remirai Trazo de Tiza e...si, a muller ten un aire coa protagonista. No meu caso procuraba unha rapaza do este de Europa, ou mesmo de Rusia, porque precisaba contar ese mundo das mafias eslavas, despois do paseo pola historia da chicana, dos subsaharianos, da cubana, ... E cadroulle así. Vou ter que ir ao psicoanalista, porque un día me dixeron que tiña moito de Noemí López, outro día de Kiko da Silva, e agora Miguelanxo!!! Menos mal que todos son bos, he he.
Graciñas por visitarme, e non deixes de criticar o meu traballo. Apertas
Tomás

xosé tomás dijo...

Graciñas, Óscar, Belén e Mariña. Non é traballo, é vicio!!!
Bicos
TOmás

xosé tomás dijo...

Graciñas, Ana. Unha aperta ben grande para esas terras da montaña, que tan boas lembranzas me deixaron.
Tomás

xosé tomás dijo...

Grazas, Juan Bonome. Se vas á presentación de Arenas verémonos as caras.
unha aperta
Tomás