domingo, 16 de octubre de 2011

NOVA NOVELA GRÁFICA : "NÓMADES" - New graphic novel, NÓMADES

Acaba de saír, por fin, unha obra en banda deseñada que publica Galaxia. Teño que dicir que, como todo o que se fai neste formato, deixa a un totalmente exhausto e esgotado...pero contento. Unha especie de baleiro post-partum é o que queda, porque a criatura demanda moito de un.
Trátase dunha historia de persoas (todas mulleres) que emigran dun lugar para outro, que deixan un pasado e se enfrontan a un futuro incerto. Unha visión poliédrica do concepto da "estranxeiría", ese termo que a todos nos pode afectar en calquera momento. E unha visión dende a perspectiva das que, neste mundo aínda tan lento, sofren do desprezo e da incomprensión.
Haberá varias presentacións, e este mércores 19 de outubro terá lugar a primeira, na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago. Esta é unha invitación aberta.
Máis información, na miña web.
A new work, a graphic novel, has just come to life, published by Galaxia. I must admit that works like this always make me exhausted, but finally happy and full. It's a story of immigration, of emigration, from the perspective of many women who suffer rejection and even abuse, with the eternal presence of that terrible term, 'foreigner'.
It will be presented newt Wednesday (March 19), at Biblioteca Ánxel Casal in Santiago. Come and see!!
More information in my website.