Comentaba un amigo (ou amiga) nun comentario a un post, algo máis abaixo, a "inutilidade" da ilustración (quizais esa palabra é demasiado forte pola miña parte) cando o texto xa di o que sucede, xa describe o que se ve, e xa é abondo para crear mundos. Eu coincido. Pero coincido no sentido de que a ilustración no debe repetir o que o texto di, sen máis. A imaxe non deixa de ser unha lectura, a do creador-ilustrador, que interpreta a obra do creador-escritor. Pero a imaxe, cando é feita tras o texto (e ben podería suceder todo vice versa), pode estendelo, amplificalo, crear submundos onde non os había (o onde non tiñan "por que non" existir). A imaxe pode, en fin, desbordar a historia inicial. Un exemplo real: un bo amigo, Paco Martín, escribiu un conto que me tocou ilustrar, "Sabeliña e os ratos". Durante o conto, un rato maquiavélico facía a puñeta á protagonista, e non levaba o seu merecido. Nas gardas, cando o texto estaba xa rematado, a historia veuse prolongada a través da imaxe. Podedes ver nas dúas dúas ilustracións a un gato que aparece durante o conto, e ao mesmo gato dándolle o seu merecido ao rato na garda final do libro.
One reader of this blog suggested below the uselessness of illustration considering that the text already says everything. I agree, but only in part. We cannot only draw what the text says. The image is another work, different from the text, and one can try an exercise of "overflowing", this is, making the story longer, wider, deeper, higher,... sometimes inventing all the possible worlds that the text does not deny. it happened to me one day, when I had to illustrate "Sabeliña e os ratos" ("Sabeliña and the mice"). The great Paco Martín wrote a story in which there was a naughty mouse in charge of bothering the protagonist once and again. The story finished and the mouse was safe and sound. I then decided to extend it in the final inside cover. A cat ate it!!! Here is the illustration of the cat during the tale, and the same cat at the end, after the textual story, once the book was (nearly) finished.

6 comentarios:
Inutilidade é forte, coincido, inda que, de certo, na miña infancia chegaba a odiar as ilustracións que tinguían as miñas ensoñacións doutra cor; por riba, teño que admitir que adoraba os cómics e as enciclopedias ilustradas... velaquí o meu dilema. Respecto aos desbordamentos... non sabía agás dos perpetrados ou por perpetrar desa cabeciña túa (se me permites a confianza) que garda tantos soños. Confeso que algunha vez cometo (ou cometín) a atrocidade de debuxar, pintar ou esbozar e que o sentimento que se me desenrola por dentro non é o mesmiño que cando ceibo as letras no papel, pero é que non podo esquecer que aprendín a ler prontiño para entrar neses mundos que se me antoxaban tan feiticeiros e que o resultado do teu esforzo, destreza, talento e dedicación paréceme cousa de maxia.
P. S.: O gatiño é todo sentimento — (¿o rato era tan malo- malísimo?)-— e as túas verbas un xuramento de fidelidade ás túas creacións. Inda por riba es unha fonte de coñecementos e de labirintos contextuais.
[Apertas e todo o meu agarimo.]
Bueno, bueno. Xa me está picando ben a curiosidade por saber quen se agocha tras estes comentarios tan interesantes e tan xenerosos. Sería un luxo atopar máis lectores do teu nivel a miúdo...todo un reto!
Apertas grandes
XTomás
Por certo. O rato era un demo, e agoutoulle a paciencia ata ao santo do gato.
XTomás
Punto 1º. O teu gato non ten pinta de santo.
Punto 2º. Vou ter que comprar o libriño e xuro que xa non teño idade para contos infantís.
Punto 3º. Algo me di que serías capaz de debuxarme co que teño dito.
Punto 4º. Non esquezas que a curiosidade foi quen asasinou ó gato.
Apertas. (Marcho ó teu blog)
Penso que. aínda que ás veces o debuxo parece ser unha copia do texto non é así, os ilustradores, como dis, sempre vemos un chisco máis aló do que di o texto.pequenos detalles, poden facer que o maxín do lector bula por un carreiro nun principio non pensado polo escritor...con todos temos que ser "prudentes" para non desvirtuar a súa obra. Saúdos
Efectivamente, Rubén.
Unha aperta
XTomás
Publicar un comentario