viernes, 23 de julio de 2010

RODRIBICO NAS LIBRERÍAS! - RODRIBICO ON SALE!

Os cinco primeiros títulos dos dez que formarán en principio a serie RODRIBICO están xa á venda: Rodribico aprende a voar, Rodribico vai ao circo, Rodribico visita a cidade, Rodribico e o mar e Rodribico e a noite. Ademais, faremos unha presentación da colección na Feira do Libro da Coruña:
Día: xoves 5 de agosto

Hora: 7 da tarde

Lugar: Carpa de presentacións, nos Xardíns de Méndez Núñez, na Coruña.

Quen nos acompañará: Siro López (que fará a presentación), a xente de Baía Edicións e os autores (Manuel Guisande e eu).

Será un acto para nenos e nenas, con sorpresas incluídas.
Xa comezamos coa promoción, e aquí estamos con pablo Portabales, en Radio Voz. Van tamén máis mostras dos libros.
The first five books of the series "Rodribico" (it will be Rodry Peckworth in English) are already on the bookshops. And we will also have an official presentation at A Coruña Bookfair: Date: Thursday, August 5th Time: 7 pm Place: at the bookfair, in Mendez Núñez Gardens, in A Coruña. Siro López will be with us, as well as the people from Baía Editions. We have also started the promotion of the collections, and you can see us in Radiovoz, with Pablo Portabales. Oh, and some more samples from the books.

miércoles, 14 de julio de 2010

Os "desbordamentos" - "Overflowings"

Comentaba un amigo (ou amiga) nun comentario a un post, algo máis abaixo, a "inutilidade" da ilustración (quizais esa palabra é demasiado forte pola miña parte) cando o texto xa di o que sucede, xa describe o que se ve, e xa é abondo para crear mundos. Eu coincido. Pero coincido no sentido de que a ilustración no debe repetir o que o texto di, sen máis. A imaxe non deixa de ser unha lectura, a do creador-ilustrador, que interpreta a obra do creador-escritor. Pero a imaxe, cando é feita tras o texto (e ben podería suceder todo vice versa), pode estendelo, amplificalo, crear submundos onde non os había (o onde non tiñan "por que non" existir). A imaxe pode, en fin, desbordar a historia inicial. Un exemplo real: un bo amigo, Paco Martín, escribiu un conto que me tocou ilustrar, "Sabeliña e os ratos". Durante o conto, un rato maquiavélico facía a puñeta á protagonista, e non levaba o seu merecido. Nas gardas, cando o texto estaba xa rematado, a historia veuse prolongada a través da imaxe. Podedes ver nas dúas dúas ilustracións a un gato que aparece durante o conto, e ao mesmo gato dándolle o seu merecido ao rato na garda final do libro.
One reader of this blog suggested below the uselessness of illustration considering that the text already says everything. I agree, but only in part. We cannot only draw what the text says. The image is another work, different from the text, and one can try an exercise of "overflowing", this is, making the story longer, wider, deeper, higher,... sometimes inventing all the possible worlds that the text does not deny. it happened to me one day, when I had to illustrate "Sabeliña e os ratos" ("Sabeliña and the mice"). The great Paco Martín wrote a story in which there was a naughty mouse in charge of bothering the protagonist once and again. The story finished and the mouse was safe and sound. I then decided to extend it in the final inside cover. A cat ate it!!! Here is the illustration of the cat during the tale, and the same cat at the end, after the textual story, once the book was (nearly) finished.