sábado, 9 de mayo de 2009

Presentación na FNAC da Coruña - Presentation at FNAC Coruña

Andamos a presentar o libro "Cando eu saiba ler" (Galaxia) en diferentes lugares de Galicia. Hai unha semana tocoulle á FNAC da Coruña, ante unha chea de nenos cos seus papás e mamás. Yolanda Castaño, autora do texto, fixo de mestra de cerimonias, lendo poemas, cautivando aos rapaces. E eu poñía imaxes, de maneira simultánea, ás súas palabras. "Dádeme un A!", increpaba ela. E eu debuxaba a unha parelliña de namorados e, con eles, en grande, "AMOR".
We are sort of moving the book "Cando eu saiba ler"(Galaxia) around Galicia. A week ago it was at FNAC A Coruña. A lot of children, with their parents. Yolanda Castaño, the author of the text, conducted the show, reading poems, and haunting the children. And, in the meantime, I was drawing what she was saying. "Bring me an A", she claimed, and then I drew a couple of lovers and the word "AMOR" (love).

3 comentarios:

luis sendón dijo...

Conseguín "Compañeiros" na Okupa de montealto, onde había varios exemplares, e gustoume moito historia e debuxo.
Felicidades polo traballo!

xosé tomás dijo...

Graciñas, compañeiro. Alégrome de verdade. Apertas
XTomás

An dijo...

Desexoche que teñas moitas ventas, o libro ten moi boa pinta e a biblioteca dame a min que esta quedando caralluda (perdoando a espresión) Saúdos e apertas :)