miércoles, 21 de enero de 2009

PRESENTACIÓN DE "COMPAÑEIROS" - "Compañeiros" presentation

Mañá mércores preséntase a banda deseñada que realicei apra a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica, titulada "Compañeiros". O acto terá lugar na Casa Museo Casares Quiroga, na Coruña, ás 10:30h. Estará no acto Manuel Rivas, que fará a presentación. Aquí van uns fragmentos da obra, que, aínda que breve (15 páxinas), relata uns acontecementos terribles e moi intensos... de aí a curta extensión. Aínda que a obra foi rematada hai tempo xa, relendo agora as páxinas, e pensando que mañá se presentará, quizais, ante familiares das vítimas que debuxei, volvo a sentir verdadeiro pesar e opresión. Quizais porque desta volta non era un traballo máis de ficción. Non se trataba dunha historia lonxana, distante, senón que se falaba de persoas reais que sufriron o indicible simplemente para poder desfrutar dun pouco de aire limpo. Espero que a obra sirva de homenaxe a esas persoas, e que, cando menos, lles restitúa parte da dignidade merecida e esquecida.
Here are some samples of the short story I will present tomorrow. It's going to take place at Casa Museo Casares Quiroga, A Coruña, at 10:30h, and Manuel Rivas will be there to give it his blessing. Although it's only 15 pages long, it relates the terrifying story of near a hundred people who tried to escape from Franco's regime, back in 1937. But they couldn't. And they were killed and tortured. Although the work was done some time ago, I now recall it, and re-reading the pages I can feel the opression again. Yes, real characters, real people, real people's parents and grandparents. And I had to draw them. I honestly hope my traces will give them back the dignity they lost once and again.

9 comentarios:

vincenzolaguardia dijo...

Hola, Xosé. Soy el chico que te pidió las dos dedicatorias en el comic, gracias por permitirme fotografiarme contigo y por las dedicatorias. Felicitarte porque he leido el comic con detenimiento y está realmente bien. A mi me han contado la historia los hijos y nietas de uno de esos luchadores (ahora luchadores ex-anónimos) y hay varias versiones a cada cual más estremecedora. Mi preferida es quizás la más cinematógrafica, en la cual esa veintena de antifranquistas llegan con las lanchas hasta el barco que les iba a llevar a Asturias o Francia (algunos dicen México) y uno de ellos enciende un cigarrillo al creerse a salvo... y son apresados con el fin que todos conocemos.

xosé tomás dijo...

Moitas grazas, alégrome de que che gustase. A verdade é que no cómic tratei non de dulcificar, pero si de facer máis dixerible algo tan terrible. Os documentos que eu lin para documentarme eran realmente estremecedores. E como din que a arte cura ás persoas, a ver se esta obra e tantas que hai sobre o tema nos fan reflexionar para evitar barbaridades semellantes no futuro.
Unha forte aperta.
XTomás

adolfo+marocha dijo...

boas profe, aqui estamos dous alumnos teus facendo publicidade do noso blog www.berzascountry.blogspot.com
ai veras videos de comedia, etc asi que visitanos e opina!

manel cráneo dijo...

Ola Tomás, non coñecía o teu blog, tes cosas moi chulas e esta historieta da guerra civil ten moi boa pinta. Apertas ;-)

xosé tomás dijo...

Ola, que tal. Claro que me lembro daquela foto, e incluso un día visitei o teu blog. A historia é de por si estremecedora, pero o peor é que houbo moitísimas máis, e sen ir máis lonxe na propia Coruña. Alégrome de que che gustase a obra, e se volvo facer algo similar, espero que te enteres e o poidas ver.
Unha aperta
XTomás

Anónimo dijo...

Noraboa pola nova banda deseñada. O certo é que non coñecía o teu blog nin a túa web e estou a levar unha agradábel sorpresa. Por certo, se pasas por O blog de Xosi, se cadra tamén levas ti unha sorpresiña...

Unha forte aperta de Cibrán Ulloa (agardo impaciente ter axiña nas miñas mans esa nova entrega sobre a memoria histórica, un tema que me toca moito nos adentros).

xosé tomás dijo...

Ola, Manel. Alégrame verte por estes lares. Para páxina web, a túa, que mola un montón.Gárdoche un exemplar do cómic da Guerra Civil para cando nos vexamos.
Apertas
XTomás

xosé tomás dijo...

Ola, Xosi. Pois si que levei unha sorpresa ao visitar o teu blog. Pero non só polo que dis do meu traballo, senón polo resto. Dá gusto ver na rede espazos de calidade, que ademais saen de Melide. Aquí tes un seguidor a partires de agora.
Apertas
XTomás

manel cráneo dijo...

Pois xa faremos un intercambio, eu saco un novo album en marzo-abril, do que xa hai un pequeno adianto no meu blog, por certo, con algunhas escenas betanceiras e tamén anda melide por medio. Apertas e a seguir xenerando viñetas;-)