domingo, 17 de agosto de 2008

Cartel BETANZOS - BETANZOS poster

O Concello da miña vila (Betanzos) encargoume, coma o ano pasado, o cartel das festas de agosto. Nesta ocasión quixen amosar un momento semi-onírico, unha especie de soño, nese preciso intre no que o globo de papel máis grande do mundo é lanzado, e o ruído atronador do xentío é apagado por unhas nubes que se apoderan da escena.
The Town Hall of my hometown (Betanzos - Galicia, Spain) asked me to draw the poster for the August festivities. This time I tried to show an oniric moment in which, after casting the biggest paper balloon in the world out to the sky, the terrible noise from the crowd is silenced by some clouds which turn up from nowhere.

No hay comentarios: