lunes, 17 de junio de 2013

OBRADOIROS DE ILUSTRACIÓN E CÓMIC EN BETANZOS - Illustration and comic workshops in Betanzos




BIBLOS CLUBE, o clube de lectores e editorial, vai dar un paso máis na súa andadura cos libros e os lectores: abrirán unha libraría no corazón de Betanzos, no casco antigo, en pleno triángulo medieval. A carón dun pazo urbán, dunha igrexa gótica, e nun contorno idílico para tomarse un café mentres observas aos monstros do apocalipse devorando cabezas no pórtico da igrexa de Santiago. Alí estará funcionando a partires de agosto, e coa libraría iniciarán unha faceta de divulgación formativa e artística: OS OBRADOIROS. Fun convidado a impartilos de ILUSTRACIÓN E BANDA DESEÑADA, en principio para rapaces e rapazas de Primaria e ESO. E xa temos todo montado, e listo para recibir PREINSCRICIÓNS. Os cursos comezarán a mediados de SETEMBRO. Pódese consultar o programa, as condicións, a temporalización e todo tipo de detalles nesta web:



BIBLOS CLUBE, the reader's blub and also publishing house, have gone further, and decided to open a bookshop in the very centre of Betanzos, close to a medieval manor house and church, Santiago's. It's a really suggestive corner, where to have a coffe and enjoy the sight of stone engravings from the gothic gate of the temple. Next august they will open the bookshop, and they will start organizing workshops, and among them I will teach ILLUSTRATION AND COMIC WORKSHOPS. They will start on the second fortnight of september, and you can see all the details on the link above.




jueves, 13 de junio de 2013

VERDEDADES no CEIP Vales Villamarín, de Betanzos

Hai unhas semanas fun convidado a ir ao cole de Betanzos, ao Vales Villamarín, onde estudan os meus fillos. A idea era interactuar cos nenos e nenas de infantil, a raíz do traballo que levaban facendo arredor do libro VERDEDADES. Foi toda unha sorpresa pra min ver como os nenos sabían os poemas, coñecían as plantas reais, elaboraran traballos monográficos sobre as diferentes especies e, por se fose pouco, grabaran e aprenderan melodías de rap coas letras das poesías. Incluso as rapeaban diante de min!!! Foi moi entrañable para min non só como ilustrador (non cabía de orgullo), senón especialmente como docente e como pai. Saber que dun libro sobre plantas e persoas se pode sacar tanto con vontade pedagóxica, ver que as ramificación do traballo se estenderon cara a tantos beneficios para os pequenos, e observar a enorme carga de motivación que as profes lles meteran no corpo, ...todo elo foi un subidón emocional inesquecible. Dende aquí quero darlles mil grazas as mestras do cole. Valen ouro!!