jueves, 9 de mayo de 2013

UNHA VISITA MOI ESPECIAL AO COLEXIO A MAÍA DE BERTAMIRÁNS - A very special visit to A Maía school, in Bertamiráns

















Este martes Dores Tembrás e mais eu visitamos o cole A Maía, de Bertamiráns. O motivo foi traballar co noso libro, O PEIZOQUE ROQUE, nas aulas de Infantil. E debo recoñecer que non foi unha simple visita, porque o terreo estaba máis que abonado. Como docente, non deixei de sorprenderme de tanto traballo de fondo como vin nos rapaces previamente. Partindo do libro como catalizador, elaboraron niños con plantas reais, afondaron nas palabras como portadoras de mundos e sensacións, leron e aprenderon poesía, e debuxaron, personalizándoo, un peizoque para cada neno e nena. A nosa visita foi unha catarse, un fin de festa, porque a verdadeira festa, en pedagoxía, é sempre o día a día. Foi todo un pracer comprobar que hai centros onde estimulan a creatividade, cren nas potencialidades dos nenos, e recorren, con mente sempre aberta, flexible e sensible, a todo tipo de medios e recursos que fagan posible o seu crecemento persoal. Parabéns aos mestres!!!!
Last Tuesday Dores Tembrás and myself payed a visit to A Maía school, in Bertamiráns. The reason was to work with our common book, O PEIZOQUE ROQUE, with the kindergarden children. As a teacher, I must admit I felt really impressed, as they had been working hard on the words, the design, the rhymes, and they had even made a real nest, with real plants. I was amazed and happy to see how good professionals stimulate the children's creativity, mental flexibility and adaptability, and really believe in their own potentialities. Congratulations!!!

2 comentarios:

InnovArte Educación Infantil dijo...

Xosé Tomás, grazas polas túas agarimosas palabras cheas de respecto profesional.
Sabes que sentín moito non poder estar con vós, pero preferín que estivérades con Isabel, porque o tiña moi traballado co seu alumnado. foi a mellor elección.
Grazas, moitos parabéns polo traballo que fas e ata máis ver.
Ángeles Abelleira

maría castro dijo...

Sabede que tedes un fervente seguidor de InnvARte, que representa un soplo de aire fresco moi necesario non só a nivel infantil, porque practicamente todo o que facedes é extrapolable á pedagoxía en todos os niveis. Parabéns tamén,...e bicos.
Tomás