martes, 30 de abril de 2013

Clausura dos V Encontros de Banda Deseñada na Mariña, en Burela

Onte tiven o pracer de participar no acto de clausura dos encontros de Banda Deseñada que levan a cabo no IES Perdouro, de Burela, dende hai cinco anos. Ademais da entrega de premios aos gañadores (o nivel era realmente alto, profesional, diría eu), tiven un tempo para dar unha mini-charla sobre banda deseñada, a trastenda dos procesos creativos, e todo tipo de curiosidades que un vai atopando nesta profesión.
Ademais destas fotos, pódense ver moitas máis nesta ligazón.






No hay comentarios: