lunes, 14 de enero de 2013

Entrevista para "Fervenzas Literarias" - An interview for "Fervenzas Literarias"

Hai meses fixéronnos unha entrevista conxunta para Fervenzas Literarias a Ana Santiso, Kiko da Silva e a min sobre o panorama da ilustración en Galicia. Pódese ver íntegra aquí.

Some months ago, Fervenzas Literarias (a digital magazine) made an interview to three iilustrators (Ana Santiso, Kiko daSilva and myself) about the illustration panorama in Galicia. It can be read fully here.

jueves, 6 de diciembre de 2012

Promocionando Verdedades - Publiciting Verdedades


Hoxe xoves levamos Verdeades a Radio Voz, co amigo Pablo Portabales. Botamos uns risos, falamos do proceso de creación da obra, e sacámonos unhas fotiños.

Today, Thursday, we took Verdedades to Radio Voz, with our common friend Pablo Portabales. We had some laughing, talked about the production process, and we took some pictures.

Presentación de Verdedades en Betanzos - Presentation of Verdedades in Betanzos

Na Cafetería Lanzós, de Betanzos, chea ata os topes, nun ambiente familiar, acolledor e entrañable, presentamos Verdedades, Yolanda Castaño, Tucho Calvo e mais eu. En todas as mesas había feixiños das plantas que aparecen no libro, e cada un levaba atadiño o poema correspondente. Ademais, tras a presentación, o público saiu a ler poemas en alto, colléndoos dun cesto onde estaban coas súas plantas. E mentres lían, eu facía debuxos alusivos en vivo. Finalmente, sinatura de exemplares. Foi todo un pracer estar rodeados de amigos, de familia, e de tantas persoas que por alí se acercaron.

At Cafetería Lanzós, totally full of people, in a fmailiar atmosphere, we presented Verdedades (Yolanda Castaño, the poet, Tucho Calvo the editor and myself). On each table there was a bunch of plants togehter with their individual poem. After the presentation itself, the people kept coming to read poems aloud, and at the same time I was drawing live. it was a real pleasure.


E un detalle máis. Para ese día concreto e esa presentación, Yolanda escribiu un novo poema adicado ao magnolio de fóra da cafetería. Eu fixen unha ilustración nova tamén, e todo elo converteuse nunha tarxeta, que repartimos entre os asistentes, como recordo do momento.

And one more detail. For that very day, Yolanda wrote a new poem for the magnolia outside the cafeteria. I myself made a new illustration for it, and it became a card that everyone took with them, as a souvenir of the moment.

lunes, 3 de diciembre de 2012

NOVO LIBRO: "VERDEDADES" - New book: "Verdedades"

Acabamos de presentar "Verdedades", un libro editado por Biblos e escrito por Yolanda Castaño. Como todos, trátase dunha auténtica aventura. O tema son as plantas, os froitos, as verduras,...e as persoas que conviven con elas e as observan. Un verán na casa dos avós, unha nena que aprende sen tempos, sen límites, con libertade e paixón polo descubrimento. E a vida vexetal que os rodea a todos, que os envolve dentro e fóra da casa. É unha obra en poesía, con fondos silencios, que tratamos que convidase á contemplación pausada e emocional.

Presentámolo este mércores 5 de decembro en Betanzos, na cafetería LANZÓS, ás 8 da tarde.
PRESENTACIÓN DO LIBRO NO CULTURGAL

We've just released "Verdedades", a book published by Biblos, and written by Yolanda Castaño. Like all of them, it was a real adventure. The topic is plants, fruits a,d vegetables in general...and the people who live with them and observe them. One summer with the grandparents, one girl who learns openly, freely, with no limits, with real passion for discovery. And the vegetal life surrounding them all, protecting them all. It's a book of poems, of long silences, inviting to contemplation and emotions.
The presentation: Wednesday, Dec 5th, 2012. In Betanzos, at Cafetería Lanzós (20:00)









martes, 2 de octubre de 2012

FINALISTAS DO PREMIO FREI MARTÍN SARMIENTO - FINALISTS FOR THE FREI MARTÍN SARMIENTO AWARD


Dous libros que ilustrei ("Vou ter un irmán", escrito por María Solar e editado en Galaxia; e "Rodribico e a noite", coescrito con Manuel Guisande e editado en Baía) figuran como finalistas do Premio Frei Martín Sarmiento. Despois de que alumnado de toda Galicia le os libros, son eles quen escollen as obras que máis lles gustan. A ver que pasa!!!
Two of the books I have illustrated ("Vou ter un irmán", written by María Solar and published at Galaxia; and "Rodribico e a noite", co-written with Manuel Guisande and published by Baía) are now finalists for the Premio Frei Martín Sarmiento  award. After many students from all over Galicia read them, they make their choice among others. Let's see what happens!!

miércoles, 19 de septiembre de 2012

IBBY - Londres (IBBY London)



O pasado agosto participei como relator no 33rd IBBY International Congress, titulado Crossing Boundaries: Translations and Migrations, nas dependencias do Imperial College, de Londres. Levei comigo unha charla sobre o potencial transmisor das ilustracións nos álbumes pensados para prelectores. E tamén na mesma falei de como ese poder de trasvase se manifesta, de maneira concreta, nas ilustracións dos libros escritos en galego. Toda unha cultura (territorio, lingua, historia, acervo mitolóxico, idiosincrasia, etc.) vén sendo amosada ao longo das páxinas dos libros para os máis pequechos.

Foi Gálix quen me convidou a ir, co patrocinio de Política Lingüística, da Xunta de Galicia. Toda unha responsabilidade! E a experiencia resultou enormemente edificante: encontros con ilustradores, escritores, editores e mediadores de todo o planeta. Un programa que facía un percorrido, principalmente, polo fenómeno da migración, e por tanto da tradución, como feito necesario para o correcto trasvase da información de fronteira a fronteira.
Con  Amal Karzai e Shaun Tan
With Amal Karzai and Shaun Tan
Para rematar, os prestixiosos premios aos autores dos libros da Lista de Honra do IBBY (entre os que figuraba o noso Francisco Castro), e finalmente, no Museo de Ciencia, a ceremonia de entrega do Hans Christian Andersen ao mellor ilustrador e escritor para nenos (algo así coma os óscar da literatura infantil).
Last August I took part, as a speecher, at the 33rd IBBY International Congress, entitled Crossing Boundaries: Translations and Migrations, at Imperial College London. I spoke about the power of illustrations to transmit information in books addressed to pre-readers. And, at the same time, I dealt with the specific case of the Galician culture, transferred in so many illustrations accompanying literaty texts in the Galician language.
It was Gálix (the Galician IBBY section) who invited me, thanks to the economic support of the Xunta de Galicia...such a huge responsability! The experience was really amzing, as it was the occasion to meet illustrators, writers, publishers and mediators from all over the world. The program consisted of a look into translation, migration, and the mechanisms of transferring information (and emotions, sensations, ...) from one language into another, from one culture into another.
Finally, the reputed awards to the authors of the IBBY Honour List (among them was our Francisco Castro), and then, at the Science Museum, the ceremony of the Hans Christian Andersen awards to the best writer and illustrator.

















lunes, 6 de agosto de 2012

O PEIZOQUE ROQUE na Feira do libro da Coruña - At Coruña Bookfair

Este foi o resultado da presentación do "Peizoque...". Dores Tembrás fixo gala do seu gusto polos detalles, e trouxo galletas artesás con cadansúa palabra...para comelas, como Roque, o peizoque. A carpa estaba chea, absolutamente chea. Despois dunhas palabras de Francisco Castro, de Dores, e miñas propias, Dores recitou e contou os poemas, mentres eu facía as ilustracións en vivo, ante maiores e nenos. Ao rematarmos...unha hora de sinaturas e adicatorias. Foi un día realmente emotivo.
As fotografías foron tomadas do blog da editorial Galaxia.
This is the result of the presentation of "Peizoque..:" at Coruña bookfair. Dores Tembrás, following with her delicate taste for details, brought handmade cookies with a word on each...to eat, like the bird's words. The place was crowded. After some words by Francisco Castro (editor), Dores, and mysef, she recited and told the poems to the people there, both adults and children, while I was drawing the illustrations live. After all this, we spent one whole hour signing the books. It was a day to remember. 
The pictures were taken from Galaxia Publishers' blog.

martes, 31 de julio de 2012

PRESENTACIÓN DO LIBRO "O PEIZOQUE ROQUE" NA FEIRA DO LIBRO DA CORUÑA - Book presentation at A Coruña Bookfair


Dous carteis - Two posters

O verán sempre é un tempo para os carteis, especialmente de festas e celebracións. Aquí dous que acabo de rematar: a baixada do Eume (para Pontedeume) e as festas patronais de Betanzos, a miña vila natal. Dous estilos diferentes: o río e a natureza agreste, e a arquitectura milenaria.
The summer is always a time for promotional posters: here are two of them, one for the descent of the river Eume, in Pontedeume; and the other for the patron festival in Betanzos, my hometown. Two different styles: the river in the wild, and the millenary architecture.


viernes, 6 de abril de 2012

Un novo proxecto...con ratos!! - A new project...with mice!!!

Vai xa para un ano que a empresa Xaraleira (o amigo Jose Vilaboy) me chamou para un proxecto que, de primeiras, soaba tan raro como brillante: ensinar xenética aos escolares con ratos...de verdade!. O proxecto cobrou forma cun cómic no que Mendel é o protagonista dunha historia de semi-ficción, acompañando a un kit cun par de parellas de ratos, que procrearán nos institutos. Grazas á experiencia, o alumnado e os profes de Ciencias poderán estudar e demostrar as leis de Mendel. Fantástica idea. Uniuse para pechar o equipo de traballo o tamén xenial Carlos de Paz, Doutor en bioloxía, profesor no IES A Sardiñeira, un tipo hipercreatio, e gran amigo meu (é o creador da webBIOXEO. A FUNDACIÓN BARRIÉ interesouse polo proxecto, e agora forma parte do seu catálogo de accións formativas. Finalmente, o proxecto deuse en chamar A HISTORIA NUNCA CONTADA DE MÉNDEL.
E hai pouco fixeron para a RTVG unha reportaxe sobre todo elo. Pódese ver aquí:
About a year ago the firm Xaraleira got in toch with me fro a project: teaching students genetics...with real mice! With the help of PhD. Carlos de Paz as a scriptwriter and biologist, we created a comic book with semi-fictional story of Mendel. Together with it, a kit with two couples of mice go to highschools, so that students and teachers may practise Mendel's laws. It was a fantastic idea since the very beginning! Here is a report on RTVG television:


lunes, 9 de enero de 2012

RODRIBICO EN EL CANAL 24 HORAS DE TVE

Los libros han sido traducido al castellano (RODRIPICO) por Ártabro Editora (marca de Baía Edicións) y al portugués (RODRIBICO), por Vida Económica.

jueves, 17 de noviembre de 2011

Unha entrevista ben xeitosa! - An interview

Non hai moito visitei o CEIP Fernández Latorre, para facer un obradoiro de ilustración baseado na serie Rodribico. Fixéronme unha entrevista dous reporteiros ben feitiños. Aquí está o resultado.
I visited a school in A Coruña (CEIP Fernández Latorre) some months ago, for an illustration workshop based on my character (and book series) Rodribico. There I was interviewed by two wonderful reporters, and here is the result.

domingo, 13 de noviembre de 2011

"NÓMADES" nos medios - "Nómades" on the media

Parece que "Nómades" está a ter certa acollida nos medios. Aquí unha mostra, en El Mundo.
"Nómades" is having quite good presence on the media. Here on the Spanish newspaper El Mundo.

domingo, 16 de octubre de 2011

NOVA NOVELA GRÁFICA : "NÓMADES" - New graphic novel, NÓMADES

Acaba de saír, por fin, unha obra en banda deseñada que publica Galaxia. Teño que dicir que, como todo o que se fai neste formato, deixa a un totalmente exhausto e esgotado...pero contento. Unha especie de baleiro post-partum é o que queda, porque a criatura demanda moito de un.
Trátase dunha historia de persoas (todas mulleres) que emigran dun lugar para outro, que deixan un pasado e se enfrontan a un futuro incerto. Unha visión poliédrica do concepto da "estranxeiría", ese termo que a todos nos pode afectar en calquera momento. E unha visión dende a perspectiva das que, neste mundo aínda tan lento, sofren do desprezo e da incomprensión.
Haberá varias presentacións, e este mércores 19 de outubro terá lugar a primeira, na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago. Esta é unha invitación aberta.
Máis información, na miña web.
A new work, a graphic novel, has just come to life, published by Galaxia. I must admit that works like this always make me exhausted, but finally happy and full. It's a story of immigration, of emigration, from the perspective of many women who suffer rejection and even abuse, with the eternal presence of that terrible term, 'foreigner'.
It will be presented newt Wednesday (March 19), at Biblioteca Ánxel Casal in Santiago. Come and see!!
More information in my website.

martes, 20 de septiembre de 2011

BOOKTRAILER DE "VOU TER UN IRMÁN!!!"

A editorial Galaxia vén de publicar "Vou ter un irmán!!!", escrito por María Solar. Aquí arriba o booktrailer, e aquí unha crítica ao libro.

Galaxia Publishers has just released "Vou ter un irmán!!!", written by María Solar. Above, the booktrailer, and here, a review of the book.

martes, 30 de agosto de 2011

Unha visita ao IES Poeta Añón - My visit to Poeta Añón High School

Este curso pasado visitei, como fago habitualmente, centros e centros, para impartir obradoiros a rapaces, a profes, sobre a ilustración de libros, sobre a creación das novelas gráficas, e cousas similares. Acabo de descubrir un vídeo ben chusquiño que fixeron no IES Poeta Añón (en Outes) tras a miña visita. Moitas grazas a eles!
Last year I visited (as usual) many schools to speak about illustration, graphic novel, and similar things. I had a surprise when I found this video on IES Poeta Añón's website. It was a very nice experience, thank you, guys!

XOSÉ TOMÁS no IES POETA AÑÓN on PhotoPeach

miércoles, 6 de julio de 2011

DÚAS PUBLICACIÓNS - Two new publications

Acaban de saír dous libros coa mesma editorial, Edicións Xerais: "O souto escuro e perigoso" (escrito por Miguel Vázquez Freire) e "Os reloxos preguiceiros de Néboa" (de Xavier Lama). Ambos traballos son verdadeiramente diferentes, por varios motivos. Un deles é un conto para nenos; o outro, aínda que tamén para público infantil, trátase dunha obra de teatro. As cores de "Os reloxos..." son cálidas, doces, reforzado todo isto pola elección (acertada, creo eu) por parte da editorial dun papel de cor crema; "O souto..." é un libro negro, si, pintado en branco integramente. Por que? porque é un libro de medo! E un libro sobre a Escuridade...e así pensei que tiña que ser.
Saen ao mercado xuntos, pero non revoltos. E, coma sempre, espero que gusten.
Two new books have just been published, both by "Edicións Xerais": "O souto escuro e perigoso" (somthing like "The dark dangerous forest", written by Miguel Vázquez Freire) and "Os reloxos preguiceiros de Néboa" ("The lazy clocks in Néboa", by Xavier Lama). They are absolutely different works, in many senses: one is a tale for children; and althought the other is also for children, it is a theatre play. The colours of "Os reloxos..." are warm, tender, and even more because the publishers have chosen a beige paper; "O souto" is a black book, yes, painted in white, completely. Why? Because it is a horror book! And about Darkness... and this is the way I thought it should be.

lunes, 4 de abril de 2011

Un portal web sobre Rodribico - A new web site about Rodribico

Despois do Premio Isaac Díaz Pardo de ilustración recibido pola colección Rodribico, Baía Edicións acaba de crear un portal web adicado ao personaxe e a colección: con actividades, xogos, concursos, e suxestións para traballar os libros cos rapaces e rapazas. Pódese ver na web de Baía, aquí.
After the Isaac Díaz Pardo illustration award won for the Rodribico collection, Baía publishers have created a website for the character and the whole collection: with activities, online games, quizzes, and suggestions for working with the books and kids. It can be visited here.

domingo, 13 de marzo de 2011

RODRIBICO, PREMIADO POLOS EDITORES GALEGOS - RODRIBICO, AWARDED BY THE GALICIAN PUBLISHERS

Onte á noite, na sexta Noite da Edición de Galicia, a colección Rodribico foi premiada como mellor libro ilustrado do ano.
Yesterday evening the Rodribico series was awarded the prize for best illustrated book of the year, by the Galician Publishers.
La Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2011/03/13/0003_201103G13P52991.htm

lunes, 3 de enero de 2011

UN PROYECTO ONLINE - AN ONLINE PROJECT

Edebé ha publicado la trilogía "La guerra de las brujas", de Maite Carranza. Y Rodeira ha decidido crear una plataforma online con la versión gallega de las obras, con actividades alrededor de los libros, y muchas más cosas. Aquí una muestra de una parte muy pequeña de lo que será (que será en muy, muy breve).
Edebé has published a trilogy, The War of the Witches, by Maite Carranza. And Rodeira has decided to create an online space with the Galician version of the work. Visitors will find activities and many other things about the books. Here is a sample of a little part of the whole online project.

Novos proxectos - New projects

A pesar do parón informativo, un segue a traballar arreo, aínda que iso non sempre coincida con saídas ao público (os tempos editoriais son algo máis lentos). Aquí vai un anticipo dun libro que escribiu a miña querida amiga María Solar (escritora, presentadora da RTVG, actriz de dobraxe, e mil cousas máis) sobre os nenos que nacen (coa editorial Galaxia). Precioso acercamento á visión que unha nena ten do nacemento dun irmán. Non é a primeira vez que María e eu colaboramos, posto que xa traballaramos xuntos noutros dous proxectos con Baía Edicións ("Boa Sorte" e "O tempo do revés"), e desta volta volvín deixarme levar pola frescura das súas historias. Non tardará en saír á luz. Prometo avisar.In spite of the informative silence, I go on working and working. The point is that the publihers' tempo is not so fast sometimes. Here is an advance of a book written by a friend of mine: María Solar (TV presentar, writer, dubbing actress and many more things). It's about how the birth of a brother affects a little girl: wonderful story about the child's feelings and reactions. It will come out thanks to Galaxia Publishers. And this is not the first time María and I cooperate: before there were other projects ("Boa Sorte" and "O tempo do revés"). one more time I followed the freshness of her stories.

viernes, 17 de septiembre de 2010

Un anticipo - An advance



Como dicía a presentadora de TV, "ata aquí podo ler". Só que se trata dun proxecto con Galaxia. Non tardará en saír....Que será, será?
As a famous TV conductor used to say, 'and I can't read any more'. Only that it is a project with Galaxia publishers. It will not last much...What can it be?