



Os cinco primeiros títulos dos dez que formarán en principio a serie RODRIBICO están xa á venda: Rodribico aprende a voar, Rodribico vai ao circo, Rodribico visita a cidade, Rodribico e o mar e Rodribico e a noite. Ademais, faremos unha presentación da colección na Feira do Libro da Coruña: Día: xoves 5 de agosto
Hora: 7 da tarde
Lugar: Carpa de presentacións, nos Xardíns de Méndez Núñez, na Coruña.
Quen nos acompañará: Siro López (que fará a presentación), a xente de Baía Edicións e os autores (Manuel Guisande e eu).
Será un acto para nenos e nenas, con sorpresas incluídas. Xa comezamos coa promoción, e aquí estamos con pablo Portabales, en Radio Voz. Van tamén máis mostras dos libros.
The first five books of the series "Rodribico" (it will be Rodry Peckworth in English) are already on the bookshops. And we will also have an official presentation at A Coruña Bookfair: Date: Thursday, August 5th Time: 7 pm Place: at the bookfair, in Mendez Núñez Gardens, in A Coruña. Siro López will be with us, as well as the people from Baía Editions. We have also started the promotion of the collections, and you can see us in Radiovoz, with Pablo Portabales. Oh, and some more samples from the books.























O Instituto Español en Lisboa, a través de Pilar Fraguío, gran amiga e antiga mestra do CEIP Vales Villamarín de Betanzos (a miña vila), convidounos a Miguel Vázquez Freire (outro amigo) e a min a impartir uns obradoiros de creación literaria e visual arredor do álbum infantil ilustrado. Tamén levamos a cabo sesións sobre banda deseñada, e mesmo se organizou una exposición con ilustracións que fixen para tres dos (cinco) libros que Miguel e eu levamos creado xuntos.























